Follow

RT by @anamirandapaz: Ana Miranda denuncia na Eurocámara o xenocidio do
Pobo palestino e a suspensión das axudas á UNRWA
A eurodeputada @anamirandapaz do @BNG_ParlEuropa acusa a Europa de ser cómplice das actuacións do exército israelí contra a poboación civil

Nunha rolda de prensa no Parlamento Europeo xunto
ao xornalista palestino Omar Karem @PalestineBlogge , -que leva un mes en folga de fame-, e eurodeputadas de Verdes-ALE e The Left, Ana Miranda denunciou o xenocidio ao que Israel somete ao Pobo palestino, coa complicidade de Europa, así como a suspensión
de axudas á Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina en Oriente Próximo (@UNRWA).

“Facendo fincapé na necesidade de respectar os principios dos dereitos humanos e a Convención de Xenebra, especialmente no que respecta á protección dos civís en tempos de guerra, Omar está en folga de fame indefinida aquí en Bruxelas, como demanda a un chamamento claro a un alto o fogo”, explicou a eurodeputada do Bloque na comparecencia, na que tamén participaron @LydieMassard, @IdoiaVR
e @MiguelUrban , co obxectivo de denunciar asemade a situación dos xornalistas palestinos en Gaza.
A eurodeputada nacionalista detallou as cifras que dan conta do sufrimento do Pobo palestino: 26.000 persoas asasinadas, máis de 63.740 persoas feridas, máis de 360.000 vivendas destruídas ou danadas, ademais de outras infraestruturas civís atacadas, e aproximadamente 1,9 millóns de persoas desprazadas pola forza. Tendo en conta estes datos, Miranda considera que “​​están sufrindo unha catástrofe
humanitaria, que inclúe fame e propagación de enfermidades”.

Segundo considerou a eurodeputada do Bloque, a este “desastre humanitario en Gaza” súmase a suspensión temporal de financiación por parte de varios Estados
contra a UNRWA en resposta ás acusacións de Israel, “a potencia ocupante”, o cal ao seu xuízo supón “outro castigo”, que podería…

🐦🔗: nitter.cz/pilaraymara/status/1

[2024-01-30 15:15 UTC]

· · mirror-bot · 0 · 1 · 0
Sign in to participate in the conversation
Mastodon

A Mastodon forum for the discussion of European Union matters. Not run by the EU. Powered by PleromaBot, Nitter and PrivacyDev.net.