Follow

Unha suposta nova aldraxe que é unha farsa e agocha a incompetencia da Xunta de Galicia e do seu presidente no desenvolvemento industrial do noso país ligado ás enerxías renovables.
A Comisión Europea , cunha presidenta do PP europeo, ven de decidir que un tramo de interconexión de Hidróxeno entre Zamora e Guitiriz non é unha infratestrutura internacional ou que afecte de forma decisiva ao mercado do Hidróxeno de varios países.
Por qué? porque nin a Xunta fixo os seus deberes en Bruxelas nin en Galicia. Porque o lío que montou co desenvolvemento eólico ( pois sen enerxía renovable abundante non hai Hidróxeno Verde ) e a falta de proxectos galegos de electrolizadores (o aparello que usa a electricidade para separar o H2 do O2 nas moléculas de auga) nesa mesma lista que non solicita ningún goberno se non os promotores ,cando hai 5 de outras rexións de España (Andalucía , C Valenciana, Cataluña, Euskadi e Asturias) dan a idea de que o Presidente Rueda trata de convertir en suposta aldraxe o que é a súa incompetencia. Pero para máis inri, quere botarlle as culpas ao Goberno do Estado que non participa nesa decisión que é totalmente independente da Comisión Europea baseada nun regulamento que o propio Partido Popular Europeo apoiou.
Por sorte e a pesares de Rueda, dúas empresas, Reganosa e Enagás, que intercambiaron activos non hai moito, chegaron ao compromiso, reiterado onte mesmo publicamente polo CEO de Enagás de que o treito de hidroducto en discusión é unha prioridade para a transportista de gas española.
Pódense usar portadas para montar ruido, pero ao final o que vai quedar en evidencia é que Rueda pasease en bus e en moto por Galicia ,e fai ben , pero debería mirar un pouco polos intereses do país fora do Padornelo, pois en Bruxelas, onde se deciden estas cousas , ninguén sabe quen é Rueda. Iso sí, hai que vir cos deberes feitos que neste caso significan máis renovables e el…

🐦🔗: nitter.cz/nicogoncas/status/17

[2023-11-29 21:50 UTC]

· · mirror-bot · 0 · 0 · 0
Sign in to participate in the conversation
Mastodon

A Mastodon forum for the discussion of European Union matters. Not run by the EU. Powered by PleromaBot, Nitter and PrivacyDev.net.